Skip to main content
O xoves 3 de marzo, 14 usuarios e 2 monitores de FEAFES Vigo e a asociación Lenda poderán gozar dunha visita guiada a Vigozoo, onde coñecerán un pouco máis as características e costumes dos animais e aprenderán a apreciar a sempre sorprendente natureza.
Vigozoo é un Parque Zoológico integrado na súa contorna que conta cunha gran diversidade de árbores e plantas. Nas súas instalacións desenvólvense variadas actividades dirixidas ao ensino, divulgación, investigación, turismo, lecer e conservación de especies.
Entre os animais que poderán ver vos visitantes, hai tanto mamíferos como aves, réptiles, anfibios, insectos, arácnidos, peces e moluscos. Ademais, o zoo complétase cunha gran mostra vexetal que inclúe variadas árbores, arbustos e plantas singulares.
FEAFES Galicia agradece a Vigozoo  a colaboración prestada a través desta actividade, que facilita que as persoas con enfermidade mental poidan realizar ocio normalizado e disfrutar do seu tempo libre facendo actividades diferentes ás habituais.