Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Visita guiada á Catedral de Santiago

By 18 de Xaneiro de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

Trátase dunha visita guiada que comezará ás 16:30 e terá unha duración de unha hora aproximadamente. Os usuarios que desexen acudir á actividade deberán avisar da súa asistencia á monitora (Zulema) para quedar media hora antes da visita.

Esta comezará no Centro de Recepción de Visitantes, ubicado na Cripta do Pórtico da Gloria (baixo as escaleiras da fachada do Obradoiro). Alí estará agardándolles unha guía que acompañará ós visitantes de FEAFES durante o seu percorrido polo monumento compostelano.

Esta actividad será moi beneficiosa para os usuarios de FEAFES xa que lles axuda a facilitar a súa integración e normalización social, permitíndolles ademais admirar un gran santuario e coñecer máis sobre a historia e cultura da cidade de Santiago.

O Club de Ocio de FEAFES Galicia agradece a colaboración da Fundación Catedral de Santiago pola súa acogida e o ofrecemento gratuíto da actividad.

catedralstgo.jpg