Apostamos pola calidade e a mellora continua

Nos seus máis de 30 anos de historia, Saúde Mental FEAFES Galicia recibiu diversos recoñecementos e acreditacións que respaldan a súa traxectoria

Os nosos recoñecementos

Saúde Mental FEAFES Galicia sempre apostou por implementar procesos de calidade para mellorar a atención ás persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias.

No 2002, fomos acreditados como Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego co Observatorio de Emprego para Persoas con Enfermidade Mental (OEDEM), especializado na atención a demandantes de emprego cun diagnóstico de saúde mental. No 2010, Saúde Mental FEAFES Galicia foi declarada de Utilidade Pública pola Orde do 3 de Xuño de 2010. No 2013, recibimos a certificación oficial que acredita á entidade como Axencia de Colocación, e dende o 2014, posuímos a autorización para a prestación de servizos como Centro Sanitario.

En Saúde Mental FEAFES Galicia mantemos un firme compromiso coa igualdade de xénero, sendo este un dos fins dos nosos estatutos e estando presente en todos os ámbitos da entidade. Dende xuño de 2023, contamos co noso primeiro Plan de Igualdade.

Por outra banda, Saúde Mental FEAFES Galicia recibiu en 2014 e en 2020 o galardón Premios Sanitaria 2000 á Mellor Asociación de Pacientes, e en 2018  o Premio da Fundación Mapfre á traxectoria a favor da inclusión laboral das persoas con problemas de saúde mental. No 2023, a nosa entidade foi recoñecida co Premio 2023 de La Merced á labor en centros penais polo desenvolvemento do programa PAIEM no Centro Penal Pereiro de Aguiar en Ourense. Pola súa banda, no 2024, o Colexio de Avogacía de Santiago concedeunos o XIV Premio de Dereitos Humanos.