A Consellería de Política Social e Xuventude concédenos a subvención para o programa de inclusión sociolaboral de persoas con problemas de saúde mental sen fogar ou en grave risco de exclusión
Unha das nosas misións é acompañar ás persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia, que se atopan en situación de sinfogarismo ou en grave risco de exclusión, no seu camiño á inserción laboral e o mantemento do posto de traballo. Coa concesión por parte da Consellería de Política Social e Xuventude da subvención a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, podemos seguir desenvolvendo itinerarios personalizados cos usuarios e usuarias, que lles permitan integrarse socialmente e poder construír un proxecto de vida.
As persoas sen fogar ou en situación de exclusión severa carecen, na gran maioría dos casos, de apoio familiar e de unha rede de apoio social. Se ademais teñen algún tipo de enfermidade mental, a situación agrávase. Sofren problemas económicos, de saúde, relacionáis e teñen unha especial dificultade para acceder e conservar un emprego.
O Programa de Inclusión Social busca paliar a súa situación de exclusión. Este proxecto ten como obxectivo o acompañamento e a transición ao emprego de persoas sen fogar ou en grave risco de exclusión social que teñan algún problema de saúde mental. Está diseñado para 13 participantes das delegacións de A Coruña, Santiago, Ourense e Pontevedra. Os usuarios e usuarias son atendidas directamente desde Saúde Mental FEAFES Galicia a través dun apoio integral que cotempla, non só accións de orientación ou de adestramento en habilidades prelaborais que lles axuden na búsqueda e mantemento do emprego; senón tamén un acompañamento social que garanta unha estabilidade socioeconómica aceptable nas persoas máis vulnerables.
En relación ao ámbito laboral, desenvolvemos diferentes accións formativas de curta duración, tanto en sesións individuais como en grupos reducidos, para facilitar a adquisición de competencias que melloren a empregabilidade dos e das usuarias. Adaptándonos sempre as súas necesidades específicas.
En canto ao acompañamento social, realizamos actuacións que lles permitan alcanzar unha estabilidade residencial, uns ingresos económicos de carácter regular e fomentar a súa participación social e a adquisición de hábitos saudables que melloren a súa calidade de vida.
Coa aportación desta subvención, podemos seguir traballando pola inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental en risco de exclusión ou sen fogar. Para que poidan atopar e manter un emprego que lles permita sentirse integrados na sociedade e soster unha vida o máis autónoma posible.
O Programa de Inclusión Social está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020