Skip to main content

O programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en situación de Vulnerabilidade atendeu este ano a 52 mulleres con problemas de saúde mental para dotalas dunha maior autonomía e independencia que permita mellorar a súa situación persoal, social e laboral.

As mulleres con problemas de saúde mental adoitan ser invisibilizadas, padecen discriminación en diversos ámbitos e, a miúdo, sofren a vulneración dos seus dereitos.

O Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, trata de fomentar a igualdade de oportunidades para reducir a discriminación que sofren estas mulleres.

Desta forma, Saúde Mental FEAFES Galicia, traballa con 52 mulleres en diversas localidades galegas para dotalas dunha maior autonomía e independencia que permita mellorar a súa situación persoal, social e laboral.

Un programa centrado nas mulleres

empoderamiento de mujeres con problemas de salud mentalPara isto, ofréceselles unha atención personalizada e especializada, que inclúe información e asesoramento sobre recursos que teñen a súa disposición, asesoramento xurídico, mediación familiar, atención psicolóxica ou actuacións para fomentar o acceso ó emprego. Tamén se lles ofrece ferramentas para aprender a identificar e previr a violencia de xénero e a discriminación das que estas mulleres son vítimas en moitas ocasións.

Ademáis, organízanse accións grupais que permiten compartir expereincias e aprender unhas das outras. Neste sentido, realízanse talleres grupais de autoestima e autocoidados, afectividade, sexualidade e anticoncepción, prevención de malos tratos, habilidades sociolaborales para la empleabilidade, etc. O Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade en Situación de Vulnerabilidade ten unha duración anual e rrematou o pasado 31 de agosto.

 

Margarita: “Gañei confianza e agora teño a autoestima renovada”

Cando Margarita chegou a Saúde Mental FEAFES Galicia hai dous anos, atopábase nun momento de moita fraxilidade anímica e moicional. Grazas ó programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade, logrou adquirir confianza en si mesma e motivación para emnprender novos camiños na súa vida.

“Para min foi unha táboa de salvación; non saía da casa, non quería ver ninguén, agobiábame a xente. Este programa obrigábame a levantarme, prepararme, saír e socializar; se non, eu non tería motivos para estar fora, foi unha bendición. Doume a confianza en min mesma e agora teño a autoestima renovada”, asegura.

Durante o programa, tamén comezou a facer prácticas nunha empresa na que despois foi contratada: “Grazas a este traballo sentinme valorada, adquirín novas rutinas e puiden ampliara  miña rede social. Co acompañamento que recibín púdenme enfrontar mellor non só ó mercado laboral senon a vida en xeral”, conta Margarita. E engade: “É absolutamente necesario o coñecemento dunha mesma, esa confianza para poder saír ó mundo con maior tranquilidade e mirando ó fronte, pois moitas de nós levamos moitos anos mirando cara abaixo”.