Skip to main content

Para as persoas con problemas de saúde mental, como para o resto da sociedade, o traballo é un camiño á normalización, unha fonte de identidade, de utilidade e de motivación. Ademáis, neste caso, o emprego ten unha función terapéutica, xa que despraza o rol de “persoa enferma” polo de  “persoa traballadora”.

Pero só o 17% das persoas cun problema de saúde mental accede a un emprego. Non obstante, os nosos datos indican que cando existe un servicio especializado detrás ofrecendo apoio, a inserción está preto do 50%

Por iso, os orientadores e orientadoras laborais de Saúde Mental FEAFES Galicia realizan itinerarios personalizados, acompañamento e accións grupais de orientación, formación en competencias e capacitación das persoas usuarias; co fin de incrementar as súas opcións de acceso ao emprego.

As últimas actividades realizadas dentro deste programa foron o taller de Entrevista de selección en A Coruña, os talleres de Intercambio de experiencias en Vigo e a acción grupal MOBEM e Oficina Virtual de Emprego en Lugo. No primeiro, as usuarias e usuarios recibiron información sobre os aspectos fundamentais a ter en conta nas entrevistas de traballo: tipos de entrevistas, estructura, contido, posibles preguntas, etc; e así mellorar as súas habilidades para a superación das mesmas. Nas sesións de Vigo, puideron coñecer a experiencia vivida por outras perosas que xa participaron no programa, intercambiar inquedanzas e resolver dúbidas. Por último, a actividade grupal de Lugo centrouse en coñecer o portal de emprego da Xunta de Galicia, aprender o funcionamento e funcionalidades da Oficina Virtual de Emrego e adentrouse nas posibilidades do MOBEM.

Estas accións grupais están enmarcadas dentro das actividades do  Servizo de Orientación, financiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través do Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG)