Northius, Brico Depôt, BCL Facility Services, Emprego Social, a Asociación de Emrpesarias de A Coruña e Manuel Añón Gesto, foron as empresas e persoas premiadas nos III Premios Empréganos Saúde Mental, que congregaron a máis de 100 asistentes no Centro Municipal de Emprego da Coruña.
Onte pola tarde, Saúde Mental FEAFES Galicia celebrou os III Premios Empréganos, que teñen como obxectivo recoñecer o compromiso e a implicación das empresas, organismos e persoas favorecedoras da inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental. O acto, ao que acudiron máis de 1oo persoas, foi dirixido por Marita Martínez, recoñecida actriz galega.
Premiamos o compromiso pola inserción laboral

Empresas e entidades premiadas
Na categoría Empresa de Formación resultou premiada Northius, por apostar pola mellora da cualificación de persoas con problemas de saúde mental, ofrecéndolles formación innovadora e de calidade que potencia a súa capacitación laboral. O premio á Empresa Colaboradora foi para Brico Depôt, que leva 8 anos acollendo alumnado deste colectivo en prácticas non laborais e brindándolles posteriormente oportunidades de emprego. BCL Facility Services, pola súa banda, recibiu o premio á Empresa Contratante pola confianza depositada en Saúde Mental FEAFES Galicia para comunicar ofertas e contratar a persoas usuraias no mercado ordinario, así como pola estreita colaboración e a comunicación fluída coa entidade.
Na categoría Emprego Protexido, recoñecemos a Emprego Social, que destaca polo seu compromiso e implicación na contratación estable de persoas con problemas de saúde mental, así como pola súa calidade humana. A entidade Colaboradora premiada foi a Asociación de Empresarias de A Coruña por contribuír á visibilización de Saúde Mental FEAFES Galicia e por impartir e ofrecer formación ed calidade sobre autoemprego ás persoas con problemas de saúde mental.

Empresas e entidades recoñecidas
Finalmente, como Persoa Referente recibiu o galardón Manuel Añón Gesto, encargado xeral de Servizos de Clece S.A., en recoñecemento á súa entrega, sensibilidade e boa disposición cara a inserción laboral de colectivos vulnerables, e por ser unha persoa altamente implicada coa igualdade de oportunidades e a non discriminación.
Nestes III Premios Empréganos tamén se recoñeceu a colaboración de Tiger Stores North West Spain, UDC Saudable, Tendam Retail, Hostal Carbonara, CLN Incorpora, Toys R Us, Insertega e C&A.
“Máis alá dun diagnóstico, somos persoas profesionais”

Antonio Hernández, director de Saúde Mental FEAFES Galicia
Na súa intervención durante o III Premios Empréganos, o noso director, Antonio Hernández, sinalou que ao longo do 2024, a entidade axudou a 839 persoas con problemas de saúde mental a lograr un emprego en toda Galicia, o que representa o 67% das persoas atendidas. esta cifra, moi superior ao índece xeral de inserción laboral do colectivo, demostra que cando hai un servizos especializado detrás, as oportunidades para estas persoas multiplícanse exponencialmente.
No acto tamén interviu Ana Penas, usuaria de Saúde Mental FEAFES Galicia, que puxo o foco na importanica que ten o emrpego para o desenvolvemento dun proxecto de vida de calquera persoa, canto máis das que teñen un problema de saúde mental. Penas pediu confianza e non discriminación por parte do empresariado, para que as persoas con problemas de saúde mental poidan demostar a súa valía no eido laboral. “Considero de vital importancia que as empresas vexades en nós ás persoas profeisonais que somos, máis alá dun diagnóstico ou dunha discapacidade”, sinalou.

Ana Penas, usuaria da delegación da Coruña
Onte acudiron tamén a concelleira de benestar Social, Participación e Igualdade, Dna. Nereida Canosa Domínguez; a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Dna. Diana Sobral Cabanas; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, D. Valentín Gonzáles Formoso; a deputada provincial de Política Social, Educación e Mobilidade, Dna. Mª Mar García Vidal; e o Director Territorial da Consellería de Emprego, Comerico e Emigración na Coruña; D. Juan José Couce Prego. Houbo tamén persoal técnico, directivo e persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia e das súas asociacións, así como a presenza de múltiples empresarios e empresarias da zona, contando cun total de máis de 100 asistentes.
- Marita Martínez. Presentadora dos Premios
- Tiger Stores. Empresa Recoñecida
- Tendam Retail. Empresa Recoñecida
- Toys R Us. Empresa Recoñecida
- Insertega. Empresa Recoñecida
- C&A. Empresa Recoñecida
- CLN Incorpora. Empresa Recoñecida
- Cristina Rivas recolle o recoñecemento de Hostal Carbonara
- UDC Saudable. Entidade recoñecida
- Northius. Premio Empresa de Formación
- Brico Depôt. Premio Empresa Colaboradora
- BCL Facility Services. Premio Empresa Contratante
- Emprego Social. Premio Emprego Protexido
- AECO. Premio Entidade Colaboradora
- Manuel Añón. Premio á Persoa Referente
- Juan José Couce Prego, Director Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración na Coruña
- Valentín González Formoso, presiednte da Deputación Provincial da Coruña
- Nereida Canosa Domínguez, Concelleira de benestar Social, Participación e Igualdade
- Asistentes aos III Premios Empréganos
- Asistentes aos III Premios Empréganos
- Asistentes aos III Premios Empréganos






















