O xogador acada por segunda vez consecutiva o primeiro premio do XXIII Torneo de Tenis de Mesa organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia coa colaboración do Club do Mar de San Amaro
O mércores 18 de marzo, A Coruña foi escenario do XXIII Torneo de Tenis de Mesa pola saúde mental organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia. No encontro, levado a cabo coa colaboración do Club de Mar de San Amaro, participaron varias entidades de saúde mental de toda Galicia. Tamén contamos coa colaboración da Federación Galega de Tenis de Mesa para a organización técnica e a arbitraxe.
Máis de 40 xogadoras e xogadores de A Creba, Andaina, Apem, Doa, Lenda e Saúde Mental Ferrol; trasladáronse á Coruña para gozar desta xornada.
A asociación Doa e a asociación A Creba enchen o podio

Ás 10h da mañá o Club do Mar de San Amaro recibía ás xogadoras e xogadores das asociacións. Á 13h tiña lugar a gran final na que competían Manuel Otero, da asociación Doa, e Antonio García, da asociación A Creba; resultando o primeiro vencedor do encontro. Os dous terceiros postos foron para José Manuel Abril, de la asociación Doa, y Carlos Batalla, de la asociación A Creba.
Finalmente, en la entrega de premios y medallas interviñeron Jorge Seco, presidente do Club do Mar de San Amaro; Antonio Blanco, directivo do Club do Mar de San Amaro; Manuel Carrasco, secretario da Federación Galega de Tenis de Mesa; Javier Obelleiro, adestrador de tenis de mesa; e Xosé Ramón Girón, presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia.
Todas as persoas participantes recibiron unha medalla para premiar a súa participación. A continuación do evento, realizaron unha visita ao Centro de Interpretación da Torre de Hércules e remataron cunha comida de convivencia. Desde Saúde Mental FEAFES Galcia, queremos agradecer enormemente a colaboración do Club do Mar de San Amaro na organización deste torneo.
Un torneo pola saúde mental

Este evento ten como obxectivo promover o deporte en igualdade, impulsar a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e loitar contra o estigma social. A través do campionato, Saúde Mental FEAFES Galicia, mostra á sociedade unha imaxe normalizada da saúde mental. Desta forma combatemos activamente os estereotipos negativos que se asocian a estas persoas.
Por outra parte, as actividades de ocio e deporte que organizamos axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias. As persoas participantes rompen coa rutina diaria, realizan actividades físicas desde unha perspectiva lúdica, enriquécense culturalmente, socialízanse e intégranse na sociedade. E, a súa vez, estas actividades permiten un respiro ás familias nas súas tarefas de coidados.

Con la colaboración de:














