Grazas á nomeada consellería, as nosas asociacións APEM, A Mariña, A Creba e Saúde Mental Ferrol, recibiron un importe total de 565.651,24€ para a mellora e dotación dos seus centros e recursos.
Durante o ano 2025, tivemos a oportunidade de mellorar as instalacións das nosas asociacións grazas á financiación da Consellería de Política Social e Igualdade, a través das “Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades”.
Grazas a este financiamento, a asociación APEM adquiriu este ano dous vehículos para os Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Coruña e de Culleredo, cun importe subvencionado de 60.000€, grazas aos cales puidéronse beneficiar un total de 105 persoas.
A asociación A Mariña, pola súa banda, recibiu unha subvención de 82.766,18€ para o mantemento das instalacións da súa unidade residencial. Con esta financiación construíuse un local anexo ás instalacións para colocar un xerador, cambiando así a súa ubicación a un lugar con maiores garantías de seguridade. Tamén se renovou a pintura exterior e interior da unidade residencial, beneficiándose desta mellora un total de 24 persoas directas.
A asociación A Creba recibiu financiamento para dous proxectos que permitiron avanzar nas obras do seu novo local, ubicado no centro de Noia e destinado a albergar os recursos que ofrece a asociación ao tecido comunitario, así como a crear un novo recurso residencial. Concretamente, financiouse a instalación da calefacción climatizada cunha dotación de 103.085.53€ e a renovación da fachada e o illamento exterior cunha contía de 101.914,09€. Desta obra beneficiaranse de xeito directo 70 persoas usuarias dos recursos da asociación.
Finalmente, a asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal puido seguir avanzando na construción e equipamento da súa futura unidade residencial, que dará acubillo a 25 persoas no concello das Pontes. A Consellería de Política Social e Igualdade investiu 107.771,23€ para a instalación de fontanería e saneamento, climatización, calefacción, instalación de electricidade e iluminación. E por outra banda, aportou 110.114.21€ para a rehabilitación interior, permitindo así realizar obras de carpintería interior, cerraxería, pavimentos, alicatado e falsos teitos, fundamentalmente.
Coa colaboración de:
![]()

