Séguese desenvolvendo o convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o CERMI, destinado a promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade. Neste marco, Saúde Mental FEAFES Galicia segue levando a cabo o Programa Integrado de Emprego CERMI, no que participan 131 persoas cun problema de saúde mental en A Coruña. Ferrol, Ourense, Santiago, Lugo, Vigo e Pontevedra.
Sabemos que, tanto para as persoas con problemas de saúde mental como para o resto da sociedade, traballo é un camiño á normalización, unha fonte de identidade, de utilidade e de motivación. Ademais, neste caso, o emprego ten unha función terapéutica, xa que despraza o rol de “persoa enferma” polo de “persoa traballadora”.
Pero a baixa inserción laboral deste colectivo segue sendo unha das principais barreiras para a súa integración social. E débese, en gran medida, ós prexuízos que boa parte do empresariado e das administracións públicas todavía teñen.
Por iso Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolve o Programa Integrado de Emprego CERMI 2023, no marco do convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o CERMI, destinado a promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade. O programa está destinado a persoas inscritas no Servizo Público de Emprego que teñan recoñecida unha discapacidade por cuestións de saúde mental.
Chegamos a todo o territorio galego
O convenio, que arrancou en 2022, continúa desenvolvéndose neste 2023 en sete delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia: A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Ourense e Pontevedra. Nel están participando 131 persoas ás que se lles ofrece un itinerario personalizado de inserción. Neste itinerario inclúe: accións de asesoramento, accións formativas incluídas no catálogo do Servizo Público de Emprego estatal, técnicas de coaching, competencias dixitais, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial e prácticas laborais.
Desta forma, ó longo dos meses de marzo, abril e maio, desenvolvéronse os talleres de Entrevistas laborais (en A Coruña e Santiago), Fomento da Capacidad Emprendedora (en A Coruña, Santiago e Narón), Mobilidade laboral (en A Coruña e Narón), Motivación e Perfil Profesional (en A Coruña, Santiago e Vigo), TICs aplicadas á BAE (en A Coruña, Santiago, Vigo e Narón), APPs para o emprego (en Santiago), Competencias Básicas do Emprego (en Lugo), Administración electrónica (en Ourense), Xestión Básica de Almacén (en Vigo), Competencias Dixitais Básicas para o Emprego (en Pontevedra), e unha charla de Coñecemento dun CEE xunto con Integra CEE.