Skip to main content

Grazas á colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade, Saúde Mental FEAFES Galicia conta con catro novas traballadoras en Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

No marco do Programa de Cooperación destinado a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas traballadoras desempregradas que realicen servizos de interese xeral e social, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, contaremos, ao longo deste ano, con catro novas traballadoras en Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

A través destas contratacións, pretendemos mellorar a atención ás persoas con problemas de saúde mental, as súas familias ou persoas de referencia, incrementando o cadro de profesionais de Saúde Mental FEAFES Galicia. Á súa vez, favorécese tamén o acceso ao traballo de persoas desempregadas, mellorando así as condicións do mercado laboral.

Deste xeito, as educadoras sociais Marta González e María Lago fortalecerán a atención integral a persoas con problemas de saúde mental que se presta dende Ourense e Vigo respectivamente. Pola súa banda, as auxiliares administrativas Pilar Requeijo e Belén Fernández, contribuirán á organización e xestión das oficinas que ten a entidade en Santiago de Compostela e na Coruña.

Grazas á incorporación destas catro compañeiras, ao longo deste ano agardamos fortalecer e potenciar a nosa capacidade de atención e resposta ás necesidades das persoas ás que diriximos os nosos programas e servizos.