Skip to main content

197  homes e 15 mullleres foron atendidas dentro do programa PAIEM. Este proxecto lévase a cabo en centros penitenciarios e centros de inserción social de Galicia.  

En Saúde Mental FEAFES Galicia contribuímos á rehabilitación psicosocial das persas que se atopan privadas de liberdade, así como tamén mediamos na súa reinserción social.

Para isto, levamos a cabo o Programa de Atención Integra ó Enfermo Mental en Prisións (PAIEM) nos centro penitenciario de Pereiro de Aguiar,  a través da nosa delegación de Ourense. O PAIEM aplícase tamén nos demais centros penitenciarios de Galicia a través das asociacións Alume (Bonxe e Monterroso), Lenda (A Lama e CIS Vigo) e APEM (Teixeiro e CIS Coruña). Este programa conta coa financiación da Fundación Barrié, así como co apoio da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias.

 

Un traballo para a reinserción social

No 2025 chegamos a 229 persoas das que 197 foron homes e 15 mulleres. Este resultado mostra un incremento con respecto o ano 2024, no que atendemos a 224 persoas.

Ademais, realizamos máis de 800 sesións grupais. Nelas as persoas participantes asistiron a obradoiros de psicoeducación, habilidades sociais, vivir saudablemente e rehabilitación cognitiva entre outros.

Tamén se levaron a cabo 1.140 intervencións psicolóxicas individualizadas para 140 persoas, 206 intervencións con 65 familias e cinco saídas terapéuticas con 27 participantes, como unha andaina nas Fragas do Eume ou a celebración do magosto en Ourense.

Todas estas intervencións teñen como obxectivo último que as persoas participantes coñezan e aprendan a manexar a súa patoloxía, evitando recaídas e mellorando a súa calidade de vida. Tamén busca favorecer a súa participación nos distintos programas e recursos do centro. Como fin último, queremos lograr que as persoas usuarias estean capacitadas para a súa reinserción social e para ter unha vida en liberdade positiva.

Ademais, as familias xogan un papel importante no proceso de rehabilitación, por iso buscamos a súa implicación e lles prestamos apoio psicolóxico e formación a través da escola de familias. O pasado ano realizouse unha xornada de convivencia familiar na que participaron un total de 48 familiares de 22 internos do PAIEM e 6 internos de apoio. Nesta xuntanza estableceuse o contacto coas familias para coñecer o seu contexto, traballar de cara á excarceración, darlles o apoio que precisan e promover o contacto coas asociacións e os programas específicos para as familias. Tamén destacamos do pasado ano o grupo de preparación para a saída que se realizou en Teixeiro, a colaboración do rapeiro Hugo Guezeta e o II Concurso de Relato Curto e Poesía no Centro Penitenciario da Lama.

Unha valoración positiva

As persoas internas participantes do Programa PAIEM, mostráronse moi satisfeitas con esta iniciativa. Sinalan que se senten apoiadas e atendidas e que grazas a esta intervención mellorou a súa participación noutras actividades do centro penitenciario, a súa relación con outras persoas, o coñecemento da súa enfermidade e a planificación da vida futura.

Por parte do equipo profesional, consideran moi positivo o impacto deste programa na rehabilitación das persoas participantes. Melloran a asistencia, o coidado persoal, a autonomía e funcionamento cognitivo. E sinalan que estas mellorías axudan na súa inclusión social, na súa motivación e participación