A asociación, que naceu no 1997 na comarca do Baixo Miño, Pontevedra, cumpre 25 anos traballando polos dereitos das persas con problemas de saúde mental.
En 1997 non existía ningún recurso de atención á saúde mental na comarca de Baixo Miño (Pontevedra). Os psiquiatras que se desplazaban cada 15 días a A Guarda, deixaron de facelo. Así, as persoas con problemas de saúde mental da comarca non tiña a onde acudir. Ante este feito, un grupo de familiares de persoas con problemas de saúde mental decidiron crear unha asociación. Avelaíña naceu para loitar por que se establecese alí un recurso específico.
Empezaron tratando as necesidades básicas de saúde mental dun grupo de persoas no antigo colexio “Manuel Rodríguez Sinde”, en A Guarda. E desde alí, empezaron a prestar atención a todas a comarca de Baixo Miño: nos concellos de Santa María de Oia, a Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.
Pouco despois da súa fundación, en febreiro de 1998, pasaron a formar parte das asociacións que conforman Saúde Mental FEAFES Galicia.
Xa no 2006 a asociación logrou que o Concello de A Guarda cedese a Escola Unitaria de Portela para establecer alí a que desde entón é a sede da asociación Avelaíña.
Tempo despois, a asociación comezou a súa expansión polo Val Miñor e en 2013 puideron establecerse na Casa do Mar de Baiona e asentar as actividades como Centro de Rehabilitación Psicosocial, que se mantén ata a actualidade.
No 2016, tras detectar unha urxente necesidade de atención na zonda de O Condado e A Paradanta, Avelaíña inicia o seu proxecto “Achego”. Con esta iniciativa, conseguen achegar recursos e apoio ás persoas con problemas de saúde mental que viven nas zonas máis rurais.
Actividades polo 25 aniversario
Para celebrar os seus 25 anos de traxectoria, Avelaíña ten previsto organizar unha serie de actividades nas comarcas nas que ten incidencia.
Estas actividades empezaron xa a finais do ano pasado cando celebraron un acto na Área Panorámica de Tui. Neste evento, dirixido a mozos e mozas da zona, buscaron concienciar, informar e romper estigmas sobre a saúde mental. Ao final do acto, as psicólogas de Avelaíña responderon as dúbidas e inquedanzas das persoas asistentes.
Seguindo coas actividades de celebración. O 9 de febreiro realizaron unha xornada de portas abertas dirxidas aos Centros Educativos da Comarca. Na visita, as nenas e nenos disfrutaron dun conto adaptado e de obradoiros que fomentasen o respecto e a tolerancia cara as diferenzas, así como a importancia de coidar as emocións tanto propias como alleas.
Nos próximos meses teñen previsto organizar novas xornadas de portas abertas tanto para entidades do terceiro sector como para profesionais; talleres e xornadas formativas con profesionais e expertos no traballo con persoas que teñen algún problema de saúde mental.