Unha de cada dúas mulleres sofre violencia polo feito de ser mulleres. Se ademais teñen un problema de saúde mental, o risco de ser vítimas de violencia multiplícase.
“Non podemos mirar cara outro lado. Elas necesítannos” foi a premisa coa que no 2018 Saúde Mental A Mariña puxo en marcha o seu proxecto de vivenda tutelada para mulleres con problemas de saúde mental que son vítimas de violencia de xénero.
Esta iniciativa, pioneira en España, busca ofrecer un entorno seguro e atender as necesidades destas mulleres, que ata ese momento non contaban con ningún recurso específico para elas. A atención exténdese aos ámbitos laborais, sanitario, social, xudicial… A todos os aspectos necesarios para que poidan ter unha vida lonxe da violencia de xénero.
“Ofrecemos unha atención especializada e levámola a todas as áreas específicas que precisa cada caso”, explica María José Nóvoa, directora de Saúde Mental A Mariña. Engade que esa atenció só é posible grazas ao traballo dun equipo interdisciplinar que está dispoñible as 24h, os 365 días do ano.
Vanesa García es parte de ese equipo. Foi a primeira coordinadora que tivo a vivenda nos seus inicios. Asegura que as necesidades destas mulleres van máis aló da atención psicolóxica: “Cando chegan presentan grandes carencias e moitas non se ven. Como na autoestima, en crer nas súas capacidades. Hai que atender un pouquiño todo”.
Tras unha primeira valoración de acollida, elaboran un proxecto individual de intervención adecuado a cada caso. Porque á vivenda tutelada chegan perfís moi diversos: “Temos mulleres con studos superiores, mulleres con dificultade na lectoescritura; mulleres con apoio familiar, mulleres sen apoios; mulleres que teñen fillos, mulleres que non os teñen”, cóntanos Diana Durán, a actual coordinadora da vivenda tutelada.
Desde que arrancou a iniciativa, a vivenda acolleu a 17 mulleres e dous menores. No 2022, levan atendidas a 5 mulleres e unha bebé, que chegou ao recurso con sete meses e cumpriu o ano de vida aló. E é que neste proxecto acollen ás mulleres que o precisan e tamén ás súas fillas e fillos, ou incluso a ascendentes con algún tipo de dificultade, se fose o caso.
María José Nóvoa, agradece a Consellería de Fomento do Emprego e Igualdade, tanto á Conselleira María Jesús Somoza, como á Conselleira de Igualdade, Susana López Abella; o apoio recibido para levar a cabo este proxecto que cubre unha necesidade que ata o momento estaba desatendida.
Este 25 de novembro, é necesario reivindicar tamén os dereitos e as necesidades específicas das mulleres vítimas de violencia de xénero que teñen ademáis algún problema de saúde mental.
Fronte as violencias, non podemos mirar cara outro lado. Elas necesítannos.