Skip to main content

As empresas CALFENSA, LACERA e URBASER, que desenvolven a súa actividade en Lugo, adhírense hoxe ó programa “Xuntos Somos Capaces” da Fundación MAPFRE. Esta iniciativa permitirá ó longo de 2014 promover a formación ocupacional e a inserción laboral de 8 mozos con enfermidade mental no Concello desta cidade.

Mediante esta adhesión, que foi posible grazas ó apoio de FEAFES Galicia e do Concello de Lugo, estas persoas, que se atopan en risco de exclusión social e en situación de desemprego de longa duración, obterán unha beca de formación que lles permitirá realizar prácticas laborais en ditas empresas, así como adquirir experiencia en tarefas relacionadas coa xardinería e a limpeza viaria e de inmobles. Igualmente, durante todo o proceso recibirán o apoio e o seguimento necesario por parte dos profesionais especializados de FEAFES Galicia.

Cabe destacar tamén que o Concello de Lugodemostrou de xeito continuado o seu gran compromiso coas persoas máis vulnerables, apoiando o seu desenvolvemento profesional, a súa educación e o seu acceso ó emprego.

Os resultados obtidos dende a creación do programa, no 2010, converten á Fundación MAPFRE nun dos principais dinamizadores da inserción socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental en España. Durante este tempo, “Xuntos Somos Capaces” fixo posible que un total de 1.700 empresas colaboren actualmente co programa, facilitando a formación de máis de 800 persoas e a inserción laboral de máis de 1.100.

No acto participan José Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo; Esther  Muñoz,  Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral do Concello de Lugo; Juan Pedro Burdiel, Director Territorial de MAPFRE en Galicia Norte; Antonio Hernández, Director de FEAFES Galicia; José Ramón Panete, Conselleiro Delegado de CALFENSA; Jesús Manuel Gayoso, Xestor de Servizos do Grupo LACERA; e Juan Ángel Moreno, Delegado de URBASER. 

cartela_video_juntos_somos_capaces_MAPFRE.jpg