O XVI Torneo de Fútbol Sala “FEAFES polo fútbol” disputouse o pasado venres nunha xornada na que tamén se entregaron os trofeos da liga “A Nosa Champions”.
O venres 5 de xullo ás 9h30 da mañá, o pavillón de Fontiñas en Santiago de Compostela recibía aos primeiros equipos participantes no XVI Torneo de Fútbol Sala de Saúde Mental FEAFES Galicia. Na xornada participaron os equipos das asociacións A Creba, Alba, Alume, Avelaíña, Lenda, e das delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia de Vigo e Santiago.
Este torneo é ademais o cumio da liga “A Nosa Champions” que realizamos coa colaboración da Real Federación Galega de Fútbol Sala e co patrocinio de Saunier Duval. Aproveitamos o evento para entregar os trofeos ao equipo campión da temporada, da asociación Alba; e ao equipo subcampión, da asociación Doa.
Na entrega de premios, que facilitou a Federación Galega de Fútbol, participaron o presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón; a responsable de Fútbol Sala de Galicia, Silvia Cancela; o presidente do Comité de Fútbol Sala de Galicia, Julio Mougán; e o representante de Saunier Duval, patrocinador da liga “A Nosa Champions”, Marcos Ordóñez.
Alba e Doa enfróntanse na gran final

Alba e Doa foron os grandes protagonistas deste torneo, xa que ambos equipos conseguiron facerse cunha praza na final. Doa resultou gañadora do primeiro encontro da fase de semis fronte ó equipo de Lenda. No segundo encontro, a asociación Alba conseguiu o pase á final fronte FEAFES Vigo.
Ás 13h50 comezaba a esperada final. Doa e Alba ofreceron un espectáculo de calidade, nun encontro moi axustado que rematou cun marcador de 0-1 a favor do conxunto de Pontevedra. O equipo de Alba alzouse co primeiro posto deste XVI Torneo de Fútbol Sala “FEAFES polo fútbol”.
A entrega de premios, facilitados polo Concello de Santiago de Compostela, correou da man da Concelleira de Deportes, Pilar Lueiro; do presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón; e do representante do equipo directivo de Saúde Mental FEAFES Galicia, Javier Antelo.
Os catro equipos que encabezaron a clasificación recibiron un trofeo como recoñecemento. Ademais destes galardóns, todos os xogadores recibiron unha medalla pola súa participación.
Rematada a xornada, tan só nos queda agradecer a asistencia e boa disposición de todos os equipos participantes, así como das estupendas afeccións que animaron o campionato durante todo o día.

Un evento integrador e normalizador
Tanto esta xornada como a liga, organizada polo servizo de Ocio e Deportes de Saúde Mental FEAFES Galicia, teñen como obxectivo promover o deporte en igualdade, impulsar a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e loitar contra o estigma social que sofren. A través desta iniciativa, Saúde Mental FEAFES Galicia e as súas asociacións amosan á sociedade unha imaxe normalizada das persoas con problemas de saúde mental, loitando de modo activo contra os estereotipos negativos e os falsos prexuízos que se asocian a elas.
As actividades organizadas polo servizo de Ocio e Deportes axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias, pois os seus participantes rompen coa rutina diaria, realizan actividade física dende unha perspectiva lúdica, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permiten un respiro ás familias nas súas tarefas de coidados.
- Alba. Campeón da liga “A Nosa Champions”
- Doa. Subcampeón da liga “A Nosa Champions”
- Lenda. XVI Torneo Fútbol Sala
- FEAFES Vigo. XVI Torneo Fútbol Sala
- Alume. XVI Torneo Fútbol Sala
- FEAFES Santiago.XVI Torneo Fútbol Sala
- Doa. XVI Torneo Fútbol Sala
- Avelaiña. XVI Torneo Fútbol Sala
- A Creba. XVI Torneo Fútbol Sala
- FEAFES Vigo. 3º clasificado XVI Torneo Fútbol Sala
- Doa. 2º Clasificado XVI Torneo Fútbol Sala
- Alba. 1º Clasificado XVI Torneo Fútbol Sala
- XVI Torneo Fútbol Sala
- XVI Torneo Fútbol Sala
- XVI Torneo Fútbol Sala
- XVI Torneo Fútbol Sala
- XVI Torneo Fútbol Sala
- XVI Torneo Fútbol Sala
- XVI Torneo Fútbol Sala
- XVI Torneo Fútbol Sala
Coa colaboración de:




















