Skip to main content
Novas

A asociación Apem inaugura o seu novo taller de cerámica

By 31 de Xaneiro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

A Asociación Pro-Enfermos Mentais (Apem) da Coruña inaugura o 1 de febreiro o seu novo Centro Especial de Emprego – Taller de Cerámica. O acto celebrarase ás  12 horas e contará coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo Pouso.

O proxecto consistiu na reforma, acondicionamento e equipamento do local, situado no barrio de Monelos da Coruña, de aproximadamente 500 metros de superficie. A obra realizouse contando co financiamento de 196.000 euros, achegados pola Deputación de A Coruña, coa colaboración da Obra Social de Novacaixagalicia e cunha importante aportación de Apem.

O centro estará adicado ao emprego, cunha formación previa, de persoas na súa maioría con unha discapacidade superior ao 65%, a consecuencia de padecer una enfermidade mental severa, e supón unha experiencia pioneira e  innovadora en Galicia na área da inserción laboral de persoas con discapacidade por enfermidade mental.  

A actividade consiste nun taller de artesanía cerámica, no que se realizan todas as fases de produción de pezas de cerámica, dende o deseño, creación de modelos para moldeo e elaboración de moldes, ata acabados decorativos diversos e a embalaxe para su distribución e comercialización.

Está previsto que despois das fases de formación e, unha vez que o centro se atope a pleno rendemento, se poidan xerar entre 25 e 30 postos de traballo para persoas con discapacidade a través do Centro Especial de Emprego Emprego Social S.L., do que APEM é titular