Skip to main content

Entre os días 7 e 13 de setembro, Redondela acollerá a mostra Artelixo, onde o arte, os residuos e a reciclaxe serán os protagonistas da vila. Durante sete días, a Alameda, as rúas e os escaparates de Redondela  contarán con intervencións artísticas dos veciños da zona e algúns artistas foráneos que decidiron participar neste certame. 

Artelixo pretende manter unha postura reivindicativa de cara á actitude da sociedade ante os residuos. Este é o segundo ano que se organiza, pero segue o ronsel dun movemento que alá por 1995 comezou a levar a cabo este tipo de iniciativas por primeira vez. 

O certame conta coa participación de máis de 40 obras, entre as cales haberá tres realizadas polos usuarios da asociación Doa de saúde mental. Estas tres pezas foron realizadas nos obradoiros ocupacionais dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral da entidade, onde os usuarios elaboran produtos artesáns e potencian as súas capacidades á vez que adquiren unha maior autonomía e favorecen a súa interacción psicosocial.

Todas as obras participantes no Artelixo 2014 están recollidas nun folleto que será repartido polas rúas da vila e que contén o bosquexo enviado polos participantes e a localización da obra na cidade. Así, todo o mundo poderá atopar as obras que lles interesan e que están expostas nas diferentes rúas e prazas da vila, convertendo a Redondela nun museo vivo e reivindicativo. 

artelixo.jpg