Skip to main content

O Presidente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), José Montes; a representante do Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes3), Cristina Rozas; o Director da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia), Antonio Hernández; e a Directora da Área de Negocio de Caixabank en Santiago (en representación de “la Caixa”), María Jesús González; asinan un acordo que ten como obxectivo fomentar a integración laboral de persoas con enfermidade mental e promover accións de responsabilidade social empresarial no marco do programa Incorpora da Obra Social “la Caixa”. O acto terá lugar o luns 15 de decembro ás 11:00 na sede da AGACA en Santiago de Compostela (Rúa Tomiño nº 22).

Dende o ano 2006, a Obra Social “la Caixa” fomenta, a través do programa Incorpora, a inserción no mundo laboral de persoas en situación ou risco de exclusión, como parados de longa duración, ex reclusos, mozos en situación de vulnerabilidade, persoas con discapacidade, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias colaborará con Incorpora mediante o fomento da contratación e formación de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos e co impulso de accións concretas no ámbito da responsabilidade social empresarial. 

Trátase dunha organización que defende e representa ó cooperativismo agrario galego, prestando ademais servizos de formación, información e asesoramento ás cooperativas socias. Estas abarcan os sectores máis representativos da agricultura e gandería galegas como vacún de leite e carne, horta e flor, porcino, vitivinícola, helicultura, apicultura, etc.

Por outra parte, FEAFES Galicia será a entidade social encargada de levar a cabo o programa Incorpora na ACAGA, facilitando a usuarios preparados para os postos de traballo requiridos, brindando información e asesoramento á empresa sobre a contratación de persoas con enfermidade mental e facendo un seguimento do traballador no seu posto de traballo.

A través do programa Incorpora, FEAFES Galicia levará a cabo unha labor de prospección, información e asesoramento especializado a esta asociación de cooperativas sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego para persoas con especiais dificultades de inserción, neste caso con enfermidade mental. 

Firma Incorpora con AGACA.jpg

firma incorpora agaca.jpg