Skip to main content

 

Este domingo 5 de marzo, coñeciamos o falecemento do publicista, profesor e activista contra o estigma na saúde mental, Carlos Mañas.

Cando, aos 40 anos, foi diagnosticado con trastorno bipolar, fixo uso dos seus coñecementos e contactos para loitar contra os prexuízos que marcan as persoas que teñen algún tipo de problema de saúde mental.

Deste xeito, deixou escrita a súa experiencia no libro Mi cabeza me hace trampas, impulsó el Foro de Salud Mental TBO (Trastorno Bipolar Organización) y fundó la ONG Solidarios Anónimos.

Foi a raíz desta ONG que Carlos Mañas iniciou un proxecto xunto con Saúde Mental FEAFES Galicia. En novembro de 2012 esa colaboración culminou nunha campaña chamada Sabiamente. Libera tus prejuicios. A campaña, protagonizada por persoas recoñecidas do cine, a televisión, o teatro, a literatura.; tivo unha gran repercusión a través de carteis, calendraios, vídeos musicais, conferencias e debates.

Ademais, Carlos Mañas foi pioneiro na fundación do Comité en Primeira Persoa de Galicia, que hoxe segue en funcionamento e que representa ás persoas con problemas de saúde mental da comunidade galega.

Saúde Mental FEAFES Galicia quere recoñecer e agradecer a labor de Carlos Mañas nesta casa e trasladar as súas condolencias a familiares e persoas achegadas.

Que a terra che sexa leve.

 

 

Foto de la presentación de la Campaña Sabiamente. Libera tus prejuicios 2012