En 2024, a colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade permitiunos continuar coas actividades, programas e servizos cos que atendemos a persoas con problemas de saúde mental, as súas familias e peroas de referencia.
En 2024, a Consellería de Política Social e Igualdade destinou un orzamento de 617.856,00€ e outro de 239.660,48€ a Saúde Mental FEAFES Galicia. Estas partidas foron destinadas ao financiamento dos programas e servizos de promoción da autonomía persoal e de atención á dependencia que desenvolvemos desde a federación e as nosas asociacións en Galicia.
Grazas a esta achega, facilitamos información e apoio ás persoas con problemas de saúde mental. Prestamos tamén asesoramento xurídico, atención sociosanitaria residencial no domicilio, promocionamos a autonomía das persoas e realizamos accións de información e sensibilización sobre saúde mental.
Por outra banda, seguimos achegando recursos e apoios a aquelas persoas con problemas de saúde mental que viven en zonas rurais de Galicia. E prestando apoio e acompañamento tamén ás súas familias e persoas achegadas.
Así mesmo, ofrecemos acompañamento, apoio e asesoramento a mulleres nais que teñen algún problema de saúde mental para mellorar a súa calidade de vida a través de intervencións individuais e colectivas.
Ademais, a Consellería de Política Social e Igualdade tamén contribúe no mantemento e coordinación do noso movemento asociativo. Así, podemos seguir traballando en rede e chegar ás persoas que nos necesitan nos distintos municipios da nosa comunidade.
Máis de 5.000 persoas beneficiadas
Esta colaboración permitíunos prestar apoio, informar e asesorar a 2.626 persoas de forma directa e máis de 3.500 de forma indirecta en toda Galicia.
Grazas ao apoio da Consellería de Política Socia e Igualdade podemos, un ano máis, seguir traballando na nosa misión: mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental. Tamén apoiar ás súas familias e persoas achegadas; defender os dereitos do colectivo e representar ao movemento asociativo no territorio galego.
Coa colaboración da: