Skip to main content

Entre o 23 e o 27 de marzo, o instituto Félix Muriel de Rianxo acolleu a segunda edición da Semana Solidaria, unha iniciativa posta en marcha por primeira vez o ano pasado e que tivo unha gran acollida por parte dos alumnos e do profesorado.

O programa desta iniciativa contemplou diversas actividades como obradoiros, exposicións, un ciclo de cine, teatro e conferencias de concienciación, todo coa fin de achegar ós alumnos diversas iniciativas sociais e solidarias que se desenvolven no entorno e nas que eles poden colaborar a título persoal.

Entre as entidades convidadas, estiveron Aneida, Unicef, Agadea, Vagalume ou A Creba. Esta última participou coa presenza de varios usuarios que se achegaron ó instituto para facer diversos obradoiros cos rapaces e amosarlles como se desenvolven nas tarefas de cestería, coiro, lá feltrada e ganchillo. Os usuarios explicaron ós alumnos todos os pasos que compoñen cada traballo ata chegar ó produto final.

Como broche final á Semana Solidaria do IES Félix Muriel, o 27 de marzo celebrouse unha xornada de portas abertas para amosar a xenerosidade dos rianxeiros e expor ante todos os visitantes os postos das distintas asociacións participantes. A Creba aproveitou esta oportunidade para dar a coñecer os produtos artesanais que realizan os seus usuarios nos talleres da asociación, dando conta así das habilidades e capacidades das persoas que conforman a entidade. 

a creba semana solidaria (2).jpg        a creba semana solidaria (1).jpg