Skip to main content

A Asociación Pro Saúde Mental A Creba está de aniversario e recibiu un regalo inesperado. A Consellería de Medio Ambiente puxo á súa disposición unha vivenda situada no núcleo noiés de Río do Porto e expropiada polas obras da variante. O novo inmoble permitiralles ampliar a ese espazo a súa actividade dado que as instalacións que ten a entidade no polígono de Agualevada se están a quedárselles pequenas.

Os deputados Santiago Freire e Ramón Santos mediaron ante a consellería para conseguir a cesión da vivenda. mantivéronse contactos con distintos colectivos do municipio noiés, como Misela ou o Stand, pero finalmente será A Creba a que se beneficie do convenio de cesión, que está previsto que se firme en cuestión de días. Antes de que o persoal e usuarios da entidade se instalen na casa será preciso acondicionala, resolvendo os desperfectos e carencias que presenta.

En termos xerais, o inmoble está ben conservado, pero faltan elementos como portas ou puntos de luz. Estanse valorando as necesidades e a intención é que sexa a Xunta a que asuma o custe das reparacións.

A casa foi expropiada cando arrincaron as obras da variante porque está practicamente pegada á ponte sobre a ría na zona de A Barquiña. Durante as obras na infraestrutura foi ocupada pola empresa adxudicataria e agora estaba valeira, de xeito que os deputados do PP pensaron en darlle un uso social. Así é como se chegou ó acordo con A Creba, que a utilizará para instalar oficinas, ademais de para impartir algúns dos seus talleres. O garaxe servirá de almacén.

Noticia extraída de La Voz de Galicia.

nueva casa a creba.jpg