A través da subvención correspondente ao programa FOAXE-P para o mantemento de programas e servizos sociais, a Deputación de A Coruña colabora con Saúde Mental FEAFES Galicia cun importe de 30.666,67€ que se destinará ao financiamento do “Proxecto de inserción laboral para persoas con enfermidade mental” durante o 2019.
Igualmente, a través da subvención correspondente ao programa FOIE para o investimento de servizos sociais do ano 2019, Saúde Mental FEAFES Galicia recibiu da Deputación de A Coruña un total de 10.383,73€ que irán destinados á compra de mobiliario de oficina e equipos informáticos que permitan dotar ao persoal que se dedica ao proxecto dos medios necesarios para realizar as actividades e modernizar o equipamiento actual, adaptándose así aos requirimientos actuais de hardware e software.
O obxectivo de ambas subvencións é mellorar as oportunidades de inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental inscritas no servizo de emprego da nosa entidade. Para iso, o proxecto subvencionado comprende accións de información, asesoramento, atención e acompañamento a persoas con problemas de saúde mental na busca activa de emprego, tanto por conta propia como por conta allea. Realízanse itinerarios personalizados de inserción baseados na análise das necesidades individuais de cada persoa e a súa formación específica, adaptándose así ás necesidades de cada persoa usuaria.
Neste senso, Saúde Mental FEAFES Galicia conta con cursos propios pero tamén deriva aos usuarios a cursos organizados por outras entidades ou organismos, de ser necesario. Tamén se realiza intermediación laboral coas empresas, preparación das persoas candidatas para as entrevistas e accións de seguimento tanto das persoas candidatas como do desempeño na propia empresa. O proxecto tamén contempla accións de emprego con apoio para aquelas persoas que así o precisen.
Distintos espazos para a busca de emprego
Este ano, as oficinas de Saúde Mental FEAFES Galicia en A Coruña seguen a ofrecer o punto TIC para a busca activa de emprego, un espazo onde as persoas usuarias poden acceder a equipos informáticos con conexión a Internet, utilizar o teléfono ou empregar a impresora.
Neste espazo preténdese que, asesorados polo persoal técnico ou de forma autónoma, as persoas usuarias dispoñan dun lugar no que poidan elaborar e imprimir un currículo vitae, facer cartas de presentación, enviar o currículo por correo electrónico, inscribirse en portais de emprego, facer unha entrevista de traballo online ou calquera outra actividade vinculada ao seu proceso de busca de emprego que requira dos dispositivos dispoñibles.
Ademais, dende o ano pasado, as oficinas de Saúde Mental FEAFES Galicia en A Coruña contan cunha pequena aula de informática para a realización de formación específica en competencias dixitais.
Talleres de alfabetización dixital
Durante o mes de xuño, a sede de Saúde Mental FEAFES Galicia en A Coruña acolleu dous cursos de alfabetización dixital no marco do “Proxecto de inserción laboral para persoas con enfermidade mental”. Nestes talleres, que constaron de catro sesións cada un, os participantes puideron adquirir coñecementos e competencias básicas no manexo das tecnoloxías da información e a comunicación.
Concretamente, os participantes aprenderon a utilizar o ordenador e o smartphone, adquirindo así competencias dixitais que poden axudarlles a mellorar a súa empregabilidade. Traballaron sobre o uso do procesador de textos, a organización de documentación en arquivos e carpetas, a navegación por Internet e o uso do correo electrónico. Tamén aprenderon a usar aplicacións de mensaxeiría e outras ferramentas prácticas para o seu día a día.