Skip to main content
Novas

A Deputación de A Coruña colabora con Feafes Galicia

By 17 de Novembro de 2011Novembro 13th, 2022No Comments

A Deputación de A Coruña concede a FEAFES durante o ano 2010, unha subvención para o desenvolvemento do Proxecto de Prospección de emprego para persoas con enfermidade mental, que supón un complemento ao traballo de Inserción Laboral que se leva a cabo dentro do Servizo de Inserción Laboral de feafes dende 2002.

O Proxecto ten como obxecto incrementar as oportunidades de inserción laboral das persoas con enfermidade mental,
a través do contacto con potenciais empregadores, para cubrir as súas ofertas de emprego, así como ofrecer aos demandantes de emprego con enfermidade mental novas oportunidades para o acceso ao mercado laboral.

A intermediación laboral é o mecanismo máis eficaz para axudar ás persoas con problemas de saúde mental a atopar un emprego pois intervén directamente sobre os dous principais obstáculos que existen para que este colectivo acceda ao mercado laboral:

– A imaxe social negativa que existe sobre a enfermidade mental a través do seu labor de sensibilización co empresariado.
– A dificultade de acceso das persoas con discapacidade ás fontes de información sobre ofertas de emprego comunicando directamente as persoas demandantes as ofertas máis axustadas ao seu perfil.