A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolle o xoves, 31 de xaneiro, un acto de clausura do proxecto Practicum II, grazas ao cal usuarios de Feafes Galicia realizaron prácticas non laborables en cinco empresas da provincia: Mediamarkt, Cash Converters, AC Hotels, Supermercados Moldes e Decathlon.
O acto comezará ás 17 horas na sede de rúa Porto, 3, e será inaugurada pola deputada do Servizo de Acción Social, Marta Iglesias, e polo director de Feafes Galicia, Antonio Hernández.
A continuación, terá lugar unha mesa redonda onde se analizarán as accións desenvolvidas e os resultados obtidos, ademais de escoitar de primeira man as experiencias dun usuario en prácticas e doutro inserido a través do proxecto. Tamén se poderá coñecer visión das empresas, xa que tamén intervirá un representante de Decathlon Vigo.
Pola súa banda, Isabel Seguín, do Servizo de Intermediación Laboral de Feafes Galicia en Vigo, expoñerá os resultados obtidos grazas ao proxecto Practicum II. O acto finalizará coa entrega de diplomas aos 15 usuarios participantes e a clausura.