Skip to main content

O Proxecto de Atención Integral para Mulleres cun problema de saúde mental desenvólvese co apoio da Deputación de Pontevedra. Atedemos a 60 mulleres en diversos municipios da provincia.

Desde xaneiro e ata final de ano, Saúde Mental FEAFES Galicia levamos a cabo o programa de “Atención Integral para Mulleres cun problema de saúde mental”. Esta iniciativa, posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra, busca atender a 60 mulleres residentes en calquera municipio da provincia pontevedresa.

Esta iniciativa busca paliar as desvantaxes coas que se podan atopar as mulleres con enfermidade mental. O noso obxectivo é fomentar a igualdade de oportunidades e contribuír á redución da discriminación que sofren estas mulleres. Ao mesmo tempo, procuramos que adquiran ferramentas para reforzar a súa autonomía e independencia.  Todo isto, coa finalidade de mellorar a súa situación persoal, social e laboral.

Ofrecemos atención individualizada

No programa de “Atención Integral para Mulleres cun problema de saúde mental”, traballamos analizando as demandas e necesidades de cada unha das usuarias.

Dentro das nosas accións promovemos unha atención con perspectiva de xénero, facilitando que as participantes poidan expresarse, falar das súas inquedanzas e dos seus proxectos de futuro sen estar condicionadas polo prexuízo de xénero ou ideas preconcibidas. Tamén buscamos mellorar a súa autonomía e autocoidado, tratando temas como a afectividade, sexualidade ou o acoso; e facilitándolle información sobre recursos para atención ante situacións de violencia de xénero

Grazas a esta iniciativa podemos seguir traballando para mellorar a calidade de vida das mulleres con problemas de saúde mental en Galicia.

 

Coa colaboración de: