A Fundación María Esperanza Rubido Romero inaugurou o pasado venres, 29 de xuño, a súa nova sede, situada no lugar de Padín, nº4, en Negreira.
A devandita fundación é un dos colaboradores de Feafes Galicia, outorgando todos os anos unha axuda económica ao departamento de Ocio e Deportes para realizar actividades lúdicas e deportivas no concello da Baña e a súa bisbarra, así como na área de Santiago de Compostela.
Grazas a este tipo de actividades, a Fundación Rubido Romero colabora a lograr que as persoas con enfermidade mental melloren a súa calidade de vida e logren unha integración plena e igualdade de oportunidades.