Skip to main content
Novas

A Fundación Rubido Romero renova o seu apoio a Feafes Galicia

By 14 de Agosto de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

logo_entrada.gif

A Fundación María Esperanza Rubido Romero decidiu renovar o seu apoio económico a Feafes Galicia. Na última reunión que mantivo o padroado da devandita institución, o pasado 13 de agosto, acordouse conceder á nosa entidade unha axuda de 10.000 euros para o programa “Ocio e deportes para persoas con enfermidade mental”.

Así pois, son xa tres anos os que leva colaborando a Fundación Rubido Romero con Feafes Galicia, dende 2010. Este apoio é de grande utilidade, dado que para mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental, é fundamental que se integren plenamente na sociedade. As actividades para desfrute do tempo libre organizadas por Feafes permiten mellorar a calidade de vida deste colectivo e das súas familias.

Grazas ao ocio e ao deporte, os participantes nas actividades rompen coa rutina diaria, realizan actividade física formulada dende unha perspectiva lúdica, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permite un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores.