Saúde Mental FEAFES Galicia convértese na primeira entidade en colaborar coa iniciativa Brazaletes Solidarios da Fundación RC Deportivo.
A Fundación RC Deportivo presentou hai uns días o proxecto “Brazaletes solidarios”. Unha iniciativa deseñada para dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición da temporada deportiva.
Saúde Mental FEAFES Galicia, foi a primeira entidade seleccionada para ser colaboradora desta iniciativa.
O centrocampista Diego Villares luciu o primeiro brazalete solidario co noso logotipo durante o partido co Real Valladolid, celebrado o pasado 26 de outubro en Riazor.
Este brazalete será levado polos capitáns e capitanas tanto nos partidos oficiais dos primeiros equipos masculino e feminino como nos do Dépor Genuine.
Xerar conciencia e empatía a través do deporte

No acto de presentación participaron Carlos Ballesta, conselleiro delegado do RC Deportivo; Carlos García, coordinador de proxectos da Fundación do RC Deportivo; e Antonio Hernández, director de Saúde Mental FEAFES Galicia.
Durante a presentación sinalouse que con este xesto pretenden xerar conciencia, empatía e compromiso ao redor de problemáticas sociais de relevancia local, nacional e internacional.
Carlos Ballesta asegurou que “O Deportivo é moito máis que fútbol. Somos unha institución con arragiamento, cunha gran masa social e coa responsabilidade de utilizar a nosa voz para amplificar causas que importan”.
Pola súa banda, Carlos García afirma que “se trata de fortalecer os lazos co deporte profesional, especialmente o fútbol, que é un gran motor de cambio social”.
Para pechar o acto, Antonio Hernández, explicou a nosa labor como entidade e o noso compromiso pola loita contra o estigma e os prexuízos. Agradeceu ao RC Deportivo esta iniciativa porque “grazas a ela, a nosa causa e as 9 seguintes van ter unha visibilidade social moi grande”

