Skip to main content
Novas

A Mariña participa nos actos da Semana Europea da Mobilidade

By 18 de Setembro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

IMG_2969_amarina.JPG

Promover a integración social dos nosos usuarios coa conseguinte integración e sensibilización por parte da sociedade, foi o obxectivo claramente conseguido o 16 de setembri en Burela, por parte da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”.

O éxito foi absoluto, cando nos sumamos ós actos organizados co gaio da Semana Europea da Mobilidade. Así, os usuarios dos nosos Centros de Rehabilitación Psicosocial  participaron activamente, impartindo un obradoiro de foami para nenos. Ademais, un dos usuarios, o Mago Jo, realizou unha actuación de maxia, que foi moi aclamada.

Ao mesmo tempo, o persoal da asociación aproveitou para dar información no stand que se dispuxo, ademais de mostrar distintos  productos artesanais creados nos talleres ocupacionais.

O obxetivo desta iniciativa era loitar contra o estigma e promulgar unha verdadeira integración dos nosos pacientes na comunidade, de aí que todos os nosos usuarios  moi ledos e satisfeitos, o cal repercutirá moi positivamente na sua mellora terapéutica e subida de autoestima.