Skip to main content

Recientemente, a sede de FEAFES Galicia en Santiago recibiu a autorización para o funcionamento de servizos sanitarios outorgada pola Consellería de Sanidade.

O centro, sito na Rúa Belgrado nº 1 en Santiago de Compostela, xa figura inscrito no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia co número C-15-003300. 

O Servizo Sanitario que presta FEAFES Galicia consiste nunha oferta asistencial de Psicoloxía Sanitaria co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e os seus familiares a través dunha atención integral.

IMG_2334.JPG          IMG_2327.JPG