Skip to main content
Tras o éxito da pasada edición na que participaron máis de 100 persoas, a Confederación Salud Mental España volve poñer en marcha #Desmárcache, un torneo de fútbol 7 no que participarán os voluntarios de Telefónica xunto aos socios/as de entidades membro da Confederación. 
O torneo, que terá lugar o 25 de setembro de 9:00h a 15:00h, celebrarase no campo de fútbol 11 de Madrid Río. Na primeira fase haberá dous equipos de voluntarios/as  e outros cinco formados por persoas con problemas de saúde mental, que xogarán diferentes partidos entre si. Na segunda fase do torneo mesturaranse todos os participantes para formar equipos mixtos que disputen a fase final e lle marquen “un gol ao estigma”.
O equipo de fútbol 7 de FEAFES Galicia, formado por 12 xogadores pertencentes ás asociacións Alba, Lar, Doa, Lenda, Morea e FEAFES Vigo, desprazarase ata Madrid para participar neste encontro. A selección galega viaxará o 24 de setembro, podendo visitar ese día o museo do Real Madrid e gozar despois dunha cea conxunta cos demais equipos que participarán no torneo. 
#Desmárcache pretende fomentar o deporte entre as persoas con problemas de saúde mental nunha contorna normalizada, impulsando ademais o voluntariado para visibilizar a saúde mental.