O proxecto Senda pola Saúde Mental, que realizamos coa colaboración da Fundación “La Caixa”, chega a súa recta final
En xullo de 2022 puñamos en marcha o programa Senda pola Saúde Mental, posible grazas á colaboración de Fundación “La Caixa”. O obxectivo desta iniciativa é prestar apoio e acompañamento a un mínimo de 20 persoas residentes nos núcleos rurais illados e que teñen algún tipo de problema de saúde mental.
Dende Saúde Mental FEAFES Galicia, viñamos detectando unha carencia de posibilidade de acceso aos servizos e de atención ás persoas con problemas de saúde mental que viven en zonas rurais de Galicia. Vivir en núcleos de poboación illados e de difícil acceso, xéralles dificultades no seu día a día. Para cambiar esta realidade, nace Senda pola Saúde Mental, que pechará o seu primeiro ciclo o próximo xullo.
Actualmente estamos traballando na Provincia de Ourense, por ser unha das que máis acusa este tipo de realidade. Acompañamos e ofrecemos apoio a 20 persoas usuarias e 24 familiares dos Concellos de Baixa Limia e a Mancomunidade de Celanvoa.

Entrada á vivenda dun usuario
Unha rede de seguridade para o seu benestar
Para poder brindar a atención necesaria a estas persoas, en Senda pola Saúde Mental, traballamos en colaboración cos recursos profesionais implicados no proceso de cada participante. Ademáis, abordamos as necesidades de cada persoa de forma individualizada e buscamos implicar a familiares e persoas achegadas no proceso de mellora. Esto permítenos crear unha rede de apoio no entorno rural no que residen.
Así, realizamos accións formativas grupais e individuais para a súa autonomía e inclusión social. Os obradoiros xiran entorno á igualdade e a inclusión, a introuducción ás TICs e a súa aplicación diaria, a xestión da economía doméstica e diaria e as habilidades sociais.
Acompañamos ás persoas no seu acceso ós recursos sociais básicos como a Unidade de Saúde Mental ou os Servizos Sociais. E ofrecémoslles asesoramento e apoio para solicitudes de discapacidade, incapacidade, prestacións económicas e outras necesidades que poidan xurdir.
En Senda pola Saúde Mental, buscamos a atención integral. Accións en diversos frentes que cren unha rede de seguridade para coidar e mellorar o benestar das persoas con problemas de saúde mental.

Pobo de Gomesende