Skip to main content
A través do Programa de Apoio Socioeducativo Comunitario e Prevención da Dependencia no Medio Rural a Persoas con Enfermidade Mental, as asociacións de FEAFES Galicia poñen á disposición da poboación rural os seus equipos profesionais para a atención á saúde mental.
A través de unidades de acompañamento comunitario e atención de proximidade no ámbito rural, preténdese previr o illamento persoal e social das persoas con problemas de saúde mental, fomentando a súa inclusión e participación na comunidade: servizos públicos, actividades de lecer, actividades socioculturais, etc.
O obxectivo deste programa, que conta co apoio da Consellería de Política Social, é mellorar o apoio sociocomunitario nas zonas rurais para evitar a dependencia por parte das persoas con problemas de saúde mental, artellando para iso unha rede inclusiva de apoio.
As asociacións que desenvolven este programa pertencen a FEAFES Galicia e actúan na contorna rural dos seguintes municipios: Lugo (asociación Alume); Ordes e Dodro (asociación Andaina); Ponteareas e A Cañiza (asociación Avelaíña); e Santiago de Compostela (asociación Fonte da Virxe).