A entidade aproveitou a semana do Día Mundial da Saúde Mental para realizar o acto de inauguración da súa nova sede en Compostela, coa que da un paso máis no traballo pola mellora da calidade de vida das familias e persoas con problemas de saúde mental.
O pasado venres 13 de outubro, Saúde Mental FEAFES Galicia celebrou a inauguración da súa nova sede en Santiago de Compostela, sita en Rúa Manuel Ceruelo 5A-5B baixo, nun acto enmarcado na programación do Día Mundial da Saúde Mental que se conmemoriu o pasado 10 de outubro. O evento consistiu nunha visita polas instalacións, nun acto institucional e un aperitivo posterior.
A xornada contou coa presenza de D. Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia; D. Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade; Dna. Mª Mar García, deputada provincial de Política Social, Educación e Mocidade; Dna. Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago; e Dna. María Rozas, primeira Tenente de Alcaldesa. Intervion tamén D. Xosé Ramón Girón, presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia; e D. Manuel López en representación do Comité en Primeira Persona de Galicia.
“Precisamos unha sociedade libre de estigmas”
O presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia, iniciou o acto destacando a enorme evolución que vivíu a federación desde o seu nacemento hai 28 anos. Neste tempo, logrouse atender a máis de 10.000 persoas con problemas de saúde mental e contribuíuse a “restaurar o seu sentido da dignidade, respeto, autoestima e cidadanía”. Así mesmo, lembrou que a saúde mental debe ser considerada hoxe en día como “un dos problemas de saúde pública máis relevantes dos nosos tempos”. Sinalou ademais que, para abordala, é necesario “ampliar horizontes e adquirir un firme compromiso por parte de todos os axentes implicados na busca dunha solución.”
Manuel López, representante das persoas usuarias, indicou a importancia que ten unha boa saúde mental para que calquera persoa poda levar unha vida plena. Lembrou os prexuízos que aínda pesan sobre as persoas con problemas de saúde mental: “Precisamos construir unha sociedade libre de estigmas, máis responsable e inclusiva”
“A saúde mental é saúde”
Durante o acto, a representante da Deputación Provincial da Coruña Dña. Mª Mar García, alabou igualmente a labor de FEAFES e destacou “o compromiso da Deputación á hora de seguir traballando para proporcionar os recursos apropiados neste ámbito e fomentar unha sociedade de respecto”
Pola súa parte, a alcaldesa de Santiago, Dna. Goretti Sanmartín felicitou a FEAFES e ás asociacións que a compoñen polos seus 28 anos de traxectoria. Asegurou tamén que as administracións teñen aínda traballo por diante para avanzar cara a normalización da saúde mental.
D. Alfonso Rueda pechou o acto indicando que “a saúde mental é saúde”. Na súa intervención sinalaba tamén que “as enfermidades mentais existiron sempre, pero antes eran un tema do que non se falaba. Era un erro”
Para finalizar, recoñeceu tamén que “aínda que se fixeron grandes avances en saúde mental queda moito por facer” e que o goberno debe traballar para poñerse á par da labor que xa están facendo as asociacións.
- Alfonso Rueda llega a la nueva sede
- Entrada nueva sede
- Inauguración nueva sede
- Inauguración nueva sede
- Visita a las instalaciones
- Visita a las instalaciones
- Xosé Ramón Girón
- Xosé Ramón Girón e Manuel
- Manuel López
- Inauguración nueva sede
- Mª Mar
- Goretti Sanmartín
- Alfonso Rueda
- Alfonso Rueda
- Manuel López, Mª del Mar García, Goretti Sanmartín, Alfonso Rueda, Xosé Ramón Girón, Alberto Comesaña, María Rozas, Antonio Hernández