O Nadal máis social xa comezou en Lugo, e Alume o está a celebrar, un ano máis, coa súa participación na feira solidaria Diversiarte que organiza o Concello. Este mercadiño, no que participan un total de 21 asociacións da cidade, está situado na praza Anxo Fernández Gómez e se celebra entre o mércores 18 e o venres 20 de Decembro.
As asociacións que participan en Diversiarte amosan aqueles produtos que os seus usuarios elaboraron ó longo de todo o ano en diversos obradoiros. Trátase dunha boa oportunidade para ir a ver o traballo destas entidades, coñecer que é o que fan e mercar algún regalo para estas datas tan sinaladas.
No seu posto, Alume conta con produtos de todo tipo: pinturas, portacandeas, vasos, incensiarios, cestos, carteiras de coiro, fundas para o móbil, chaveiros de coiro, broches, diademas, pulseiras de arame, baleirapetos ou muralliñas de Lugo de cerámica. Ademais, no posto de Alume tamén está á venda o Calendario Solidario 2014 que a asociación fixo en colaboración coa Protectora de Animais de Lugo, do que poderás saber máis se pinchas aquí.
Mercando calquera destes produtos, non só poderás regalar solidariedade, senón que tamén axudas a darlle forza a estas asociacións para seguir traballando pola mellora da calidade de vida de moitas persoas.
Ademais de participar na feira solidaria Diversiarte 2013, Alume tamén está a preparar a súa tradicional festa de Nadal, que terá lugar o xoves 19 de Decembro.