Skip to main content
Novas

Andaina participa na I Xornada de Experiencias Asociativas en Saúde Mental

By 11 de Maio de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

A Asociación Pro Saúde Mental Andaina participa na I Xornada de Experiencias Asociativas en Saúde Mental. Este encontro celebrase o 12 de maio de 2012 no Centro Sociocultural de Fontiñas, en Santiago de Compostela.

A xornada comezará ás 10 horas coa inauguración dun obradoiro de formación de voluntariado en saúde mental, actividade que se desenvolverá ao longo de toda a mañá. Xa pola tarde, a partir das 17.15 horas, proxectarase a curtametraxe  “Crisis en Dsm4”, coproducida pola asociación Itínera e Tropa Komban.  

A continuación, haberá unha ponencia do psicólogo Carlos Álvarez, sobre “A rehabilitación psicosocial”. Xa para rematar, celebrarase a mesa redonda “De que falamos cando falamos de saúde mental?”.