FEAFES Galicia embarcouse nunha nova aventura xornalística a través da asociación Apem, que está a participar na iniciativa radiofónica “Mi gramo de locura”. Trátase dun proxecto impulsado polo xornalista José Manuel Cámara, moi sensibilizado coa saúde mental, que pretende dar a coñecer a realidade das persoas que teñen un trastorno mental e dos seus familiares a través dunha serie de cuñas radiofónicas.
Durante un total de trece semanas da vindeira tempada outono inverno, a canle Radio 5 de RNE emitirá cada semana unha cuña de 5 minutos que explicará, a través de testemuños en primeira persoa, a labor dunha asociación española de saúde mental.
Apem será unha das entidades que dean voz a este proxecto mediante participación de Almudena, Mari, Ángel, Luis e Teresa, dous familiares e tres persoas con enfermidade mental que fan ou fixeron uso dos servizos da entidade. A gravación dos compañeiros de Apem tivo lugar a pasada semana nos estudos de RNE en A Coruña, onde os cinco voceiros contaron a súa experiencia persoal.
Proximamente saberedes máis sobre esta fermosa iniciativa… estade atentos ó sintonizar as vosas radios!