Atendemos a 110 personas con problemas de saúde mental en situación de vulnerabilidade no programa de Inclusión Social grazas ó apoio da Consellería de Política Social e Igualdade.
Pasar dunha situación de exclusión social a unha de inclusión non é doado, e require dun longo período de tempo. No camiño interveñen elementos varios e procesos multidimensionais, como os aspectos económicos e laborais, pero tamén o que ten que ver cos aspectos sociais e relacionais e, por suposto, a situación persoal e a saúde.
Por isto, Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolve desde o ano 2023 e ata o 2025o programa de Inclusión Social que consta de dous itinerarios de Inclusión Social que consta de dous itinerarios de inclusión sociolaboral con acompañamento e transición ó emprego:
- Itinerarios personalizados para persoas con problemas de saúde mental. Destinado a 80 persoas de A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo e Vigo. Buscamos a mellora da empregabilidade a través de acompañamentos sociais, apoio integral, orientación e asesoramento. Ata o momento, conseguíronse 6 insercións laborais.
- Itinerarios personalizados para persoas sen fogar e con problemas de saúde mental. Destinado a 30 persoas de A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo. Neste itinerario búscase cubrir as necesidades básicas para posteriormente traballar na adquisición dunha estabilidade residencial e económica e fomentar a inclusión na comunidade.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e cofinanciado parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027.
Creando camiños libres de exclusión
Tras un ano de traxectoria do programa, estamos prestando apoio e acompañamento na transición ao emprego a 100 persoas en risco de exclusión social e con problemas de saúde mental, das cales 30 son persoas en situación de senfogarismo.
A nosa intervención dentro deste programa vai destinada a derrubar as barreiras contra as que se enfrontan estas persoas, entre elas a cobertura de necesidades básicas, a inserción sociolaboral e o illamento, atendendo as necesidades e demandas de cada persoa.
“Sen axuda non sería capaz”
Pedro, participante do programa de Inclusión Social, recoñece os cambios positivos que lle aportou: “Participar no programa de Inclusión Social aportoume moitos beneficios. Tiven acceso a moitas ofertas de emprego e, finalmente, conseguín un traballo no que me sinto realizado.”
Marta Darriba, técnica do programa de Inclusión Social, asegura que este proxecto permítelle ás persoas usuarias mellorar en diferentes áreas da vida. Non só na laboral, senón tamén na persoal, familiar, formativa e comunitaria. “As persoas que participan neste programa están en situación de risco por diferentes factores sociais e persoais. O feito de que poidan recibir apoio personalizado, consegue diminuír as barreiras que atopan.”- afirma Marta. Destaca tamén a coordinación cos equipos profesionais doutros recursos. Segundo Marta, o traballo en rede co persoal de Servizos Sociais, do Sergas, de academias de formación, de empresas e doutras entidades; permite proporcionar unha atención integral de forma eficiente e personalizada. Isto implica maiores beneficios para as persoas con problemas de saúde mental que participan neste proxecto.
“Síntome moi agradecido co trato que recibo do persoal de Saúde Mental FEAFES Galicia, porque me atenden, me entenden e grazas ó seu apoio conseguín facer cousas que non tería conseguido doutro xeito”.- Pedro, usuario do programa de Inclusión Social.