Desde Saúde Mental FEAFES Galicia celebramos a aprobación do Plan de Acción de Saúde Mental, no que participou a Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA.
O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde deu luz verde á pasada semana ao Plan de Acción de Salud Mental 2025-2027 del Ministerio de Sanidad. Este proxecto busca dar resposta aos desafíos actuais en materia de saúde mental en España.
O texto, enmarcado na Estrategia de Salud Mental 2022-2026, elaborouse coa participación das comunidades autónomas, INGESA, sociedades científicas e asociacións profesionais. Contou, ademais, coa particiapción de persoas con experiencia propia e familiares.
“Este documento é unha moi boa nova para o conxunto da sociedade. A súa posta en marcha terá un impacto positivo na atención á saúde mental en España”, asegura Nel González Zapico, presidente de SALUD MENTAL ESPAÑA. González engade que o presuposto de 39 millóns de euros do que está previsto dotar o plan é fundamental para implementar os importantes avances que recolle e o impulso que propón, entre outros moitos aspectos, ao modelo de atención comunitaria. “Neste sentido, temos que destacar que todas as aportacións da Confederación foron incluídas”, matiza.
Desde a Confederación sinalan o importante traballo realizado polo equipo do Comisionado de Saúde Mental. Este equipo integrou todas as aportacións realizadas polas entidades e persoas que formaron parte do Comité. “Foi un traballo respetuoso e participativo no que as diferentes disciplinas e visións enriqueceron o contido do documento”, explica González Zapico.
Un plan con oito liñas estratéxicas
Unha vez aprobado o plan, o papel da Confederación SALUD MENTAL ESPAÑA será o de apoiar a rede asociativa, formada por 340 entidades e máis de 60.000 persoas socias.
Este plan busca, entre outras cousas, impulsar aleternativas á hospitalización como a atención domiciliaria, a hospitalización aberta e as casa de crise. Tamén busca fomentar a vida autónoma con acceso á vivenda e traballo digno. Contempla, ademais, accións dirixidas á eliminación do uso de contencións mecánicas, a incorporación das persoas con problemas de saúde mental na toma de decisións e, en situacións de crise, o respecto das súas voluntades anticipadas. Inclúe tamén programas de formación en prescripción e deprescripción de hipnosedante e antidepresivos e do fomento da prescripción social.
O Plan de Acción de Saúde Mental 2025-2027 articúlase en torno a oito liñas estratéxicas:
- Reforzo de recursos humanos en saúde mental.
- Saúde mental comunitaria e alternativas á institucionalización.
- Modelo de atención orientado aos dereitos humanos, humanización e loita contra o estigma.
- Uso racional de psicofármacos, calidade e seguridade na prescripción.
- Abordaxe de problemas de saúde mental en contextos e colectivos de maior vulnerabilidade.
- Saúde mental perinatal, da infancia e da adolescenbcia.
- Potenciar os sistemas de información en saúde mental.
- Saúde mental e traballo.
Podes coñecer máis sobre o Plan de Acción de Saúde Mental 2025-2027 aquí e en consaludmental.org