O equipo de FEAFES Galicia Santiago- Avelaíña e o equipo da asociación APEM disputaron o partido que servíu como inauguración da temporada 2024 de A Nosa Champions. Onde Saunier Duval, patrocinador oficial do campeonato, renovou un ano máis o seu apoio a este evento.
Sorrisos, abrazos e moitos goles pola integración. O pavillón municipal de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, lucíu as súas mellores galas o pasado luns 26 de febreiro para albergar o partido entre os equipos de FEAFES Santiago- Avelaíña e APEM correspondente á competición integradora “A Nosa Champios” creada por Saúde Mental FEAFES Galicia e organizada pola Real Federación Gallega de Fútbol a través da Fundación do Fútbol Galego
O encontro servíu. ademáis, para que Saunier Duval, patrocinador oficial do campeonato, fixera realidade a súa aposta por este evento. Antes do comezo do partido, a empresa fixo entrega a todas as persoas participantes da camiseta de quencemento oficial do torneo.
Ó acto asistiron Marcos Ordóñez, Xerente da Red Ofisat Noroeste Galicia de Saunier Duval; Gary Barboza, director rexional de Saunier Duval; Pablo Prieto, vicepresidente da RFGF e máximo responsable de Fútbol Sala en Galicia e Javier Antelo, membro do equipo directivo de Saúde Mental FEAFES Galicia.
Unha liga contra os prexuicios
“A Nosa Champions” é unha liga de fútbol sala coa que se pretende marcarlle goles ós prexuízos par eliminar o estigma que rodea ás persoas con problemas de saúde mental. O fútbol exerce así, como noutras veces, de ferramenta de normalización e visibilización.
80 xogadoras e xogadores e 16 adestradoras e adestradores compiten nunha nova temporada desta liga. Con esta competición búscase fomentar hábitos de vida saudable e promover a práctica habitual dunha actividade deportiva. Ademáis, este tipo de iniciativas propician o encontro entre as persoas participantes, favorecendo así as sías relacións e habilidades sociais.