Skip to main content
Achégase o 10 de outubro e as entidades membro de FEAFES Galicia ultiman os detalles das actividades organizadas a propósito do Día Mundial da Saúde Mental. Exposicións, charlas, visitas, espectáculos… coñece que hai previsto para este ano!

A Creba

Do 5 ao 9 de outubro polas mañás, haberá unha mesa informativa nas rúas de Noia e Ribeira onde se entregará o manifesto do Día Mundial, exporanse materiais elaborados polos usuarios da entidade e venderase lotaría. 
O 9 de outubro, pola súa banda,  terán lugar as III Xornadas Deportivas de futbol-sala no Pavillón Polideportivo Municipal de Noianas que participarán as asociación Amicos, Ámbar, Adisbismur, Misela, Integro e a anfitrioa A Creba.
O 10 de Outubro celebrarase a Marcha Lúdico-Solidaria, que partirá da alameda de Noia e chegará a Xei, pasando polos muíños da Pedrachá, a Ponte Medieval de Traba, os lavadoiros e o río. Esta marcha incluirá xogos, probas e accións de sensibilización, ademais dun magosto e un photocall ao remate da mesma.

Afaes Porta Nova

Do luns 5 ao venres 9, os centros de Porta Nova en Narón estarán abertos ao público. Ademáis, haberá sesións divulgativas e exposicións sobre os produtos elaborados nos talleres ocupacionais da asociación no Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (luns 5), no Hospital Naval  do CHUF e no Concello e Centro de Saúde de Cerdido (martes 6), no Centro Comercial Parque Ferrol (xoves 8) e no Centro Comercial Alcampo de Ferrol (venres 9).
Estas exposicións complétase coa mostra de pintura e artigos dos talleres ocupacionais que estarán no Centro Cultural Galería Sargadelos de Ferrol do luns 5 ao sábado 10. Por outra banda, o martes 6, Porta Nova recibirá a visita da Xefa do Servicio Sociocomunitario do Concello de Narón e da Concelleira de Igualdade.

A Mariña

O 10 de outubro, a unidade residencial de A Mariña en Cervo abrirá as súas portas a todos os públicos para acoller unha serie de actos conmemorativos que comezarán coa lectura dun manifesto por parte da presidenta da asociación. A Continuación, inaugurarase un mosaico no muro da unidade residencial, haberá unha exposición dos traballos realizados polos usuarios, representarase a obra de teatro “O Cazo de Sabela” e sairá á luz a Revista Agarimo elaborada polos usuarios. 

Apem

O venres 2 de outubro, Apem Cee e Vimianzo organizan unha cea solidaria coa fin de sensibilizar e dar maior visibilidade ao traballo da entidade na comarca Soneira-Fisterra. Será ás 21:00 no Restaurante As Hortensias de Cee e contará coa colaboración dun profesional da comunicación como dinamizador da xornada, o sorteo dunha fotografía doada por Marcos Rodríguez e a actuación de Serj, compositor vimiancés.
Pola súa banda, Apem Betanzos realizará unha “botadura de barcos de papel” na Praza García Hermanos. A actividade comezará ás 11:00 cun taller de papiroflexia onde calquera que o desexe poderá realizar o seu barco de papel cunha mensaxe relacionada coa saúde mental. Ao finalizar o taller, ás 12:00 darase paso á lectura do manifesto e, a continuación, a “botadura” dos barcos realizados xunto aos seus desexos.

Avelaíña

No sur pontevedrés, Avelaíña ten previsto instalar mesas informativas na Alameda de Ramallosa, en Nigrán, os días 7, 8 e 9 de outubro; o mércores 7 estarán en horario de 11:00 a 13:00; e o xoves 8 e venres 9 de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00.
O venres 9 ás 11:00 horas, as autoridades locais e responsables da área de saúde están convidadas a acudir ás mesas informativas para asinar o Manifesto e apoiar a este colectivo, que necesita a  implicación de todas as administracións públicas para unha maior integración e mellor calidade de vida.

Doa

O 2 de outubro ás 18:00 inaugurarase unha exposición escultórica colectiva levada a cabo polos usuarios do Centro de Rehabilitación Psicosocial de Doa en Cangas, que estará aberta ao público ata o día 8. Ademais, o venres 9 de outubro ás 13:00, o alcande de Vigo, Abel Caballero, lerá o manifesto do Día Mundial da Saúde Mental diante do concello.
Ao longo desa mañá tamén se realizará unha campaña informativa no exterior da capela do Hospital de Cangas para sensibilizar sobre a importancia de manter unha boa saúde mental. As actividades de Doa completaranse cunha mesa informativa o día 8 no Centro Comercial Camelias e outra os días 8 e 9 no edificio administrativo da Xunta en Vigo.

Fonte da virxe

A asociación compostelana organizará unha xornada de portas abertas durante o venres 9 de outubro no seu Centro de Rehabilitación situado en Campo do Forno nº1 (Santiago de Compostela). Dentro desta xornada está incluída unha charla coloquio a cargo do psiquiatra D. Francisco Díaz Llenderrozas baixo o título “Que son as emocións?”, que terá lugar ás 17:30.

Lar

O 7 de outubro ás 11:00 terá lugar unha sesión de cinefórum coa proxección da película “Mellor imposible”, que reflicte a vida dunha persoa con Trastorno Obsesivo-Compulsivo e dará pé a un debate sobre o valor da empatía e do respecto aos demais. O 8 de outubro, pola súa banda, organizarase un campionato triangular de fútbol sala no que participarán as asociacións Lenda, Alba e Lar que terá lugar ás 11:30 no Pavillón Deportivo do Centro Príncipe Felipe.
O 9 de outubro, Lar visitará o parque de fantasía “Aldea Grovit” en cuxa decoración participou a asociación, e acudirá posteriormente á festa do marisco do Grove. Finalmente, o propio día 10, haberá unha xornada de portas abertas entre as 09:00 e as 14:00 para gozar dun magosto popular.