Skip to main content

A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) e as 125 entidades que a integran, entre as que se atopa FEAFES Galicia, valoran moi positivamente a aprobación do anteproxecto de Lei do Terceiro Sector de Acción Social. O Terceiro Sector español da un gran paso coa aprobación deste texto que, considera, ofrece identidade, estabilidade e garantías a todas as nosas entidades. Trátase da primeira lei feita por e para o sector, da que España carecía e que estaba dificultando o despregamento da labor das entidades non lucrativas a favor das persoas e colectivos en pobreza ou exclusión social. 

Este novo marco normativo, foi unha das principais reivindicacións de EAPN Galicia, establecendo un marco regulador para que defina as especificades e principios do sector, as medidas de fomento e apoio para as entidades que o compoñen, así como o recoñecemento efectivo do dialogo civil, asegurando a participación das ONG implicadas no deseño das políticas públicas estatais, autonómicas e locais no ámbito social.

Non obstante, tanto EAPN Galicia como a Plataforma del Terceiro Sector estatal, confían en que se concreten os mecanismos de financiamento e que o Goberno teña en conta no seu desenvolvemento posterior as propostas do sector e as necesidades das entidades que o compoñen, gravemente lastradas pola azouta económica destes anos de crise.  Así mesmo, recorda que o sector necesita medidas específicas de fomento que melloren a súa  capacidade de actuación.

En Galicia, no ano 2013, e segundo o Informe “Quen Somos?”, as 108 entidades integradas daquela en EAPN Galicia, beneficiaron a máis de 450.000 persoas grazas ao esforzo de 1.188 persoas traballadoras e 4.304 voluntarias e xestionaron 483 recursos de todo tipo con 40 millóns de euros de orzamento conxunto.

Anteproxecto de Lei de Voluntariado

Esta norma chega tamén trala interlocución co sector e incorpora medidas en liña con outras normativas europeas agardadas durante anos, tentando dar resposta a numerosas cuestións que afectan á tarefa voluntaria. 

Entre as novidades que implanta, cabe destacar que establece o voluntariado como un dereito da cidadanía e como tal, debe estar presente dende as primeiras etapas educativas. Ademais, traza una clara diferenza entre emprego e voluntariado; neste sentido prohibe ás administracións,  empresas e demais organizacións a substitución de postos de traballo por persoas voluntarias. 

Por outra parte, a Lei dispón que só debe considerarse voluntariado aquela tarefa que se coordina desde as organizacións sociais. Outra cuestión novidosa é que recoñece hasta oito ámbitos de voluntariado ademais do social,  como o medioambiental, o cultural, o  educativo ou o deportivo, entre outros. A lei, ademais, dedica un capítulo os dereitos e deberes das persoas voluntarias e a quen se benefician da acción solidaria.

lei tercer sector e voluntariado.png