Skip to main content
O pasado venres 23 de novembro, a psicóloga de FEAFES Ourense, Patricia Gómez, participou nas XXIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde “Das vellas tecnoloxías ás tecnoloxías emerxentes: a dixitalización das contornas e das relacións”, organizadas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
A intervención de Patricia Gómez tivo lugar na mesa sobre «Luces e sombras do tecnolóxico en saúde mental», onde falou de “As Novas Tecnoloxías como ferramenta dinamizadora e de integración”. 
Durante a súa ponencia, a compañeira de Saúde Mental FEAFES Galicia explicou que as Tecnoloxías da Relación, a Información e a Comunicación (TRIC) poden ser ferramentas dinamizadoras e de integración para as persoas con problemas de saúde mental ou, pola contra, poden supoñer unha barreira máis para a integración do colectivo. 
O obxectivo da súa ponencia foi facer reflexionar sobre a relación entre as novas tecnoloxías e a integración ou exclusión das persoas na sociedade, así como dar a coñecer o labor que desenvolve Saúde Mental FEAFES Galicia nesta materia.