A asociación de axuda a persoas con enfermidade mental Avelaíña conmemora o 10 de outubro o Día Mundial da Saúde Mental coa celebración dunha marcha saudable. A actividade comezará ás 10 horas, coa saída da camiñata dende a Alameda da Ramallosa. A chegada está prevista para as 11.15 horas á Praza do Concello de Baiona.
Alí, terá lugar a lectura do manifesto con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, baixo o lema “Toda unha vida para mellorar”. Para finalizar o acto, haberá un concerto de Xerock.