Skip to main content
Novas

Avelaíña organiza unha gala solidaria baixo o lema “Espertando sorrisos”

By 11 de Decembro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

A asociación de persoas con enfermidade mental Avelaíña, en colaboración coa Concellería de Cultura de Baiona, organiza o próximo domingo 15 de decembro ás 19:00 unha Gala Solidaria no Auditorio Municipal de Baiona. A recadación obtida mediante a venda de entradas e outras aportacións realizadas ese día, irá destinadas integramente ó Centro de Rehabilitación de Avelaíña en Gondomar.

A gala será presentada polo actor, cómico e presentador de televisión Rafa Durán e contará cas actuacións de Marcos Rodríguez, o grupo musical Los Del Barro, a Escola de Danza Moderna de Gondomar e Peter Punk, que colaborarán de forma totalmente altruísta. Durante a gala, sortearanse varios premios doados por empresas da comarca en agradecemento ó público asistente.

Nestes momentos, o local que ten a asociación Avelaíña en Gondomar, onde se atopa o Centro de Rehabilitación do Val Miñor, non cumpre os requisitos mínimos de espazo para o seu normal funcionamento. Trátase dun local de 98 metros cadrados onde traballan tres profesionais co apoio do equipo técnico de A Guarda, atendendo diariamente a 26 usuarios, a familiares que asisten a consultas e a outros solicitantes dos servizos. Por elo, todo o diñeiro recadado será integramente destinado ás actividades e proxectos deste Centro.

O prezo da entrada-donativo é de 5 euros, puidendo adquirirse de forma anticipada na sede da asociación Avelaíña (Cruz de Mera, nº 7, Gondomar), na Cafetería Boca2 (Vista ó Mar, nº 2, Plaia América, Nigrán), no Café Rañolas (Otero Pedraio, nº 3, Gondomar) ou no Auditorio Municipal de Baiona o propio día da Gala.

Para máis información, podes consultar a web de Avelaíña: www.avelaina.org.es

galaavelaina.jpg