Skip to main content
Novas

Avelaíña participa no mercado solidario de Nadal de Vigo

By 19 de Decembro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

Entre os días 17 de Decembro e 5 de Xaneiro, o Centro Comercial Plaza Elíptica de Vigo acollerá unha campaña solidaria de Nadal promovida por diversas entidades sociais da zona. Nela participará a asociación de familiares e persoas con enfermidade mental Avelaíña, xunto a outras entidades como Aceesca, Alento, COGAMI, San Xerome e Juan María.

Neste Mercado Solidario realizarase a exposición e venda de produtos elaborados artesanalmente polos usuarios das seis asociacións, con deseños propios, orixinais e de gran calidade, con prezos asequibles. Trátase de pezas de cerámica, bisutería, madeira, coiro, produtos téxtiles, cinceiros e chaveiros, entre outros.

Grazas á pequena aportación de cada venda, ademais de dar saída ós produtos elaborados nos talleres, facilítase o funcionamento e a continuidade dos centros destas asociacións. Ademais, isto permite aumentar a satisfacción persoal de cada usuario ó ver recoñecido o seu traballo e ó apreciarse positivamente o esforzo por superar a súa discapacidade, axudando así a lograr a súa inclusión social e laboral.

O Mercado Solidario estará situado nun local da planta baixa do Centro Comercial Plaza Elíptica cedido de forma desinteresada. Ademais da venda de produtos, durante varios días realizaranse tamén distintos talleres para os máis pequenos, que terán lugar de 17:00 a 19:00:

18 de Decembro: Taller de postais navideñas
23 de Decembro: Taller de pintura de broches
28 e 29 de Decembro: Taller de pulseiras de coiro

    O horario de atención ó público será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas, exceptuando os días 24 e 31 de Decembro e 5 de Xaneiro que cerrará ás 19:00 horas.

    mercadosolidariovigo.jpg