Skip to main content

A deputada provincial Marta Iglesias, acompañada polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e pola concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Patricia Durán, estiveron este martes en Gondomar para entregar unha subvención de 4.000 € á asociación Avelaíña. 

Estes cartos irán destinados á realización de talleres de habilidades sociais para persoas con enfermidade mental no ámbito territorial no que traballa a asociación, as bisbarras do Val Miñor e o Baixo Miño. Esta colaboración económica da Deputación completa un conxunto de subvencións para a mencionada asociación por un valor total de 22.232 euros nos últimos anos.

Os representantes de Avelaíña acompañaron ós visitantes nun percorrido polo Centro de Rehabilitación Psicosocial de Gondomar, onde se realiza algúns dos talleres de habilidades sociais. 

A deputada viguesa destacou que a Deputación “está a realizar un esforzo presupostario máximo para atender as demandas destes colectivos dedicados á atención e axuda de persoas con necesidades especiais”.  Ademais, enxalzou as tarefas “terapéuticas, socioeducativas e ocupacionais” que desempeñan os profesionais e voluntarios de Avelaíña co colectivo de persoas ao que está dirixido o seu labor, eloxios que compartiu o alcalde de Gondomar.

Os representantes de Avelaíña comentaron os seus proxectos máis inmediatos, entre os que se atopa a reforma, habilitación e equipamento dun local cedido en Baiona pola Tesouraría da Seguriade Social, que permitirá ampliar a cobertura das súas actividades no Val Miñor.  

subvencion avelaiña.JPG