Skip to main content

CARACTERÍSTICAS DA ACTIVIDADE:

Actividade: 
Club de Ocio (actividades de fin de semana)
Proxecto ao que pertence: 
Servicio de Ocio e Deportes 
Lugar onde se desenvolve: 
Saúde Mental FEAFES Galicia – Delegación de Lugo
Descrición do proxecto: 
  • Acompañamento a actividades socioculturais na cidade e saídas culturais, medioambientais ou recreativas por lugares próximos ao termo municipal, coa fin de promover a autonomía dos usuarios e apoiar o seu proceso de rehabilitación e recuperación 
  • Apoio social de forma individual e/ou a través de reunións grupais para o goce do ocio e o tempo libre de forma saudable e rehabilitadora
Postos de acción voluntaria: 
  • Apoio na programación de actividades 
  • Acompañamento nas actividades de fin de semana 
  • Apoio nas reunións grupais

PERFIL DA PERSOA VOLUNTARIA:

Dispoñibilidade: 
En función da actividade e da demanda. Mínimo 2 días ao mes (fin de semana) e 1 tarde ao mes (normalmente xoves)
Sexo: 
Indiferente
Idade: 
Maior de 21 anos

Formación/coñecementos: 
Formación secundaria e ter uns mínimos coñecementos sobre os recursos da cidade
Experiencia: 
Experiencia no traballo con grupos, en accións socioculturais e de tempo libre.
Características persoais: 
  • Capacidade de escoita 
  • Habilidades sociais e de comunicación
  • Iniciativa 
  • Madurez e responsabilidade
  • Motivación e empatía
Formación a cargo da entidade: 
“Formación básica institucional e sobre saúde mental” (4 horas) e “Formación específica sobre o programa” (2 horas)
Observacións: 
Preferiblemente voluntariado polivalente na súa intervención
Contacto para persoas interesadas:
lugo@feafesgalicia.org / 982 254 452 / 629 068 048